iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
A Nova Realidade 2d455v
Por AXenteDeTeo
97
88
Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días. 61656j
Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días.
Episodio 90 -10/06/2025
Episodio en A Nova Realidade
Comezamos, coma de costume, con Nair e Brando que nos traen a Axenda Cultural coas súas propostas de actividades culturais, musicais, sociais e deportivas. Claudia Castro, Asociación A Xesteira, Petri Daza Gonzalez, Banda de Música Cultural de Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Minguante, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Martiño Noriega Sánchez, Asociación Trinxidoiro, Piloto de comedia, TDAH Salnés, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo. Logo temos con nós a Marcos Montiel e Hugo Clemente que nos falan do seu proxecto Por Un Puñado de Pellets de Kakum Filmes que xa presentaron no Festival de Cans o mes pasado e pasarán por aquí para contarnos cousiñas del. @kakum.filmes @porunpunhadodepellets A continuación o bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen desta volta Malvares MV, LAW, @marela.banda con Alberto BP, Broken Peach e Guadi Galego. E para rematar, novo Básico de Salón!! Desta volta achegámonos ata pretiño de Arteixo para falar cos xeniais Scarecröw cos que pasamos unhas horas brutais e nos falaron do seu proxecto e nos tocaron uns temiñas en acústico. Xa sabedes que isto será un adianto e que o básico o emitiremos en directo o venres e o subiremos ao arquivo de podcast ese día tamén. Programa completiño! Querédelo escoitar? estupendo... querédelo compartir? perfecto... querédesnos axudar? temos un Patreon onde toda achega económica nos permitirá reducir os gastos que nos produxo que se nos fastidiase a mesa de son e tiveramos que cambiala en tempo record. Axudádenos porfa!! Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:24:52
Episodio 89 - 27/05/2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe tocou facer un repaso á nosa axenda cultural e deportiva que nos trouxeron Nair e Brando cunha chea de cousas interesantes para facer e disfrutar. Con teenses pola igualdade, IES de Cacheiras, Petri Daza Gonzalez, Festivala: Mulleres Creando, Rosalia De Castro Cacheiras, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, ART for DENT, Arc Os Tilos, ANPA CRA de Teo, A.C. Río Tella, Alejandro Regueiro, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras e Club Billar Teo. Logo, no noso bloque musical, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba, os acompañan desta volta Broken Peach, Dioivo, Leticia Rey, MJ Perez, @iamhydn e TANXUGUEIRAS. E para rematar, traemos outro E ti que pintas? Desta volta falamos coa artista Alejandra Pardo Martínez de Pareidolia espazo de arte para que nos contara da súa traxectoria e dos seus proxectos. Que dicides? Escoitádesnos? Seguídenos e compartídenos para que cheguemos a máis xente... e, se vos presta, podedes patrocinarnos no noso Patreon para poder facer máis e mellor. https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:07:35
Episodio 88 - 13/05/2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe comezamos coa nosa axenda cultural onde Nair nos trae, xunto con Brando, as propostas culturais para estes días. Arc Os Tilos, A.C. Río Tella, Festivala: Mulleres Creando, Ukestra do Medio, Festival de Cans, Banda de Música Cultural de Teo, A Ponte Vella, teenses pola igualdade, Mr Kamandula, Os John Deeres, Anacos educativos, Fútbol Calo S.R., Sdirmandade Oza, Club San Francisco Teo. A continuación, temos á nosa amiga Leticia Rey (que foi a primeira dos nosos básicos de salón) que vai sacar novo EP e estamos super emocionados de que nos conte cousiñas do que está por vir. E logo o bloque musical, como é costume, que desta volta aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman @gala.i.ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Ollo, Lóstrego, Caamaño&Ameixeiras con TANXUGUEIRAS e Hugo Guezeta con Guadi Galego. E para rematar, falamos con Luis, panadeiro de Viveiro, que nos contará a súa paixón pola súa arte (porque falará como artesán do pan) e aprenderemos cousiñas con el. Non o perdades... e se o perdedes, atendede á publicación do podcast que logo poderedes escoitar por iVoox ou en Podgalego en https://podgalego.agora.gal/a-nova-realidade/ E faládelle de nós á xente, compartídenos e escoitádenos... e se podedes, temos un patreon para poder promocionarte na radio, se queres que falemos de ti, mira os nosos plans de patrocionio e axúdanos tamén a medrar. https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:26:08
Episodio 87 - 29/04/2025
Episodio en A Nova Realidade
Traemos a nosa Axenda Cultural falándovos Nair e Brando de todo o que andiveron a pescudar nestes días. E falaron de A Requinta De Lampai, Mr Kamandula, Adhara & Ritman, Os John Deeres, Arc Os Tilos, A.C. Río Tella, A.C. A Carrabouxa de Teo, Asociación Cultural O Tileiro, Regueifa Tour, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Asociación Socio Cultural Coto Manguelo, Festivala: Mulleres Creando, As Nosas Músicas, Fútbol Calo S.R., Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo. Logo escoitamos un par de recomendacións de derradeira hora que nos chegaron polo día do libro e que queremos incluír neste programa para agradecervos que o fixerades, por suposto. Graciñas Isabel Risco e Bea López Jerez. E logo un bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman elas mesmas co seu tema que ten novo videoclip (Olliños con Terrae) e tamén Exeria, Arrhythmia, Mondra con DULZARO e Belém Tajes con Leo Arremecághona e Xiao Berlai. E para rematar, por se non vos destes conta, onte houbo un apagón eléctrico ao besta... e imos falar de como o vivimos e teremos testimonios de xente do rural que nos contará como lles foi. Parécevos ben acompañarnos? deixaránnos os Gremlins facer o programa con normalidade? Escoitádenos e, se podedes e gostades, axudádenos a patrocinarnos con Patreon, que como non teñamos movemento nos borran a conta... https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:33:58
Especial Dia do Libro 2025
Episodio en A Nova Realidade
Un ano máis, celebramos o Día do Libro en A Nova Realidade, cunha cantidade de agarimo que nos enche de felicidade.... Non hai palabras para agradecervos un programa que da gusto facer, porque se fai só... facédelo entre toda a xente que enviastes as vosas recomendacións e que facedes deste día, unha regalía. Moitísimas Grazas de ❤️ Como nisto hai límites de mencións e etiquetas, imos meter nos comentarios a quenes non caiban nos límites que nos pon a plataforma. Bicasos e graciñas a: @paconogueiras @cintiayoung @alex_regueiro_ @aliciadgalicia @dacarballa @rocioportogestoso Andrea Rivas Jose Maceiras Ana Belén Álvarez Daniel Lata Claudia Barreiro @noamcnair22 Luis Porto Rosa Mato @lilalelaloba @xiana_lastra @son_daldea @lolyjusto @luciadafonte_gz Alejandra Ana Conde @anapereztv @grande.amore.grande.amore Fernandez Camiña Ana @rianxeirashow @xosemanuelsaa @iamhydn @eusoncharly @miriamgllanos @irenemedinb @letidataberna @carlota_mosquera @xiaoberlai @robertolealjimenez @borja_salgado_ Antón Vázquez @tero.rodriguez.teatro @celiapiamusica.arte @raquel_._senra David Otero @cequelinhos Miguel Castro @miguelalonso1984 @irenequinteiro @luzbeloso @victorrivasilustrador @forxadordeversos @isabelreibr @claudiacastropenelas @rosaliafernandezrial @mr.vieito_capitan.sabrosura @abretedeorellas @enbrion Xose Ramón Gayoso do @luartvg @chirucamacallas @is_a_bell_risco
02:12:49
Episodio 86 - 08/04/2025
Episodio en A Nova Realidade
Aquí estamos, con moita cultura, música e humor, coma de costume. Comezando pola axenda cultural que nos traen Nair e Brando con A Cofradía - Taberna Cultural, A.C. A Carrabouxa de Teo, A Ponte Vella, Banda de Música Cultural de Teo, Arc Os Tilos, Sal do Teatro, A.C. Río Tella, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Fútbol Calo S.R., Praíña Sporting Club de TEO, S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e chegando ao noso primeiro bloque no que coñeceremos de primeira man do nacemento dunha nova asociación cultural no Concello de Teo chamada Arteneo Asocioacion cultural de artesanía de Teo que organiza esta fin de semana unha mostra de artesanía e falamos con Nuria Prado Loureiro para saber máis polo miúdo. Logo virá o noso bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen desta volta QFB, Chavellos con Vimbio, Scarecröw, DAKIDARRÍA e Fillas de Cassandra con Caamaño&Ameixeiras. E para rematar seguimos con música, xa que escoitamos uns cortes do novo básico de salón que teremos nos Básicos de Salón de A Nova Realidade e temos o gustazo de contar con Os John Deeres que xa andábamos tempo detrás deles e por fin os temos aquí. Neste programa teremos un adianto e o básico o publicaremos este venres ás 21:30. Préstavos? pois escoitádenos, compartídenos, falade de nós (ben ou mal pero con educación e respeto sempre) e se nos queredes apoiar con algo máis, temos un Patreon no que poderedes colaborar económicamente para facernos medrar e teredes premios en forma de promoción. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade
01:20:43
Episodio 85 - 25/03/2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe traemos a axenda cultural, coma de costume onde Nair máis Brando darán conta das actividades e novas que nos propoñen as asociacións e os colectivos que traballan arreo pola cultura, a sociedade e o deporte coma son A.C. A Carrabouxa de Teo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, O Bruxo Cabacín, Down Compostela, Arc Os Tilos, ART for DENT, Asociación A Xesteira, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras e S.D.C. Recesende - Página Oficial. E tivemos o noso bloque musical, coma de costume, que desta volta aos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lle sumaron desta volta FAIA, Grande Amore, XeVA Oficial, A Orquestra Bravú Xangai, Mondra, Lidia India e Fillas de Cassandra. E para rematar falamos co cómico e conductor de @pilotodecomedia o gran Charly Char @eusoncharly para coñecer o seu traballo e como lle está a ir en O Novo Rei da Comedia TVG E aquí tedes o podcast coma de costume que tamén podedes escoitar en https://podgalego.agora.gal/a-nova-realidade/ Escoitádenos, comentade cousiñas para que saibamos que estades aí, compartídenos se vos presta e se queredes axudarnos máis, temos un patreon con diferentes plans de axuda. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:08:33
Episodio 84 - 11/03/2025
Episodio en A Nova Realidade
Comezaremos coa nosa axenda cultural con Aspamite, Asociación Amigos peludos de Teo, Arc Os Tilos, teenses pola igualdade, Asociación A Xesteira, Club San Francisco Teo, Club Billar Teo, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial e logo fomos directamente ao noso primeiro protagonista que trae de volta a sección E ti que pintas? xa que nos acompañará Fernando Yáñez que nos contará como comeza a pintar e o seu traballo centrado no proxecto ART for DENT. Logo unha sección musical algo máis amplia xa que a nosa industria galega non para de producir demostrando o talento que hai e a grande diversidade que temos para elexir. Aos Mileth e A banda da Loba lles acompañaran hoxe @gala.i.ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Exeria, Grande Amore, Mondra, RUXE RUXE e Belém Tajes cunha chea de artistas. E para rematar, falamos un anaquiño con Sandra Campos Otero do seu proxecto musical Mikaela Gab e do que poderemos escoitar algo. Que dicides? ídesnos acompañar? contádenos que vos parece ou se queredes aportar algo non tedes máis que facelo... e se nos queredes apoiar de verdade, temos un Patreon para todos os públicos. Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade
01:28:42
Episodio 83 - 25/02/2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe traemos un adianto do día da muller (o 8 de marzo) xa que nesa semana non teremos programa e así xa vos imos adiantando cousiñas na nosa axenda cultural con ANPA Río Tella, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Arc Os Tilos, Cimteo Teo, A Requinta De Lampai, ART for DENT, Club Patinaxe Artistica Teo, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e @fernando.yanez.1293. Despois falamos con Zora Leis e Charo Vázquez de teenses pola igualdade co gaio da charla sobre saúde que se vai celebrar no Concello de Teo este xoves 27 de Febreiro e tamén que nos conten cando vai ser a festa das mulleres que celebra cada ano esta asociación. Logo o noso bloque musical que, desta volta, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles suman A Banda de Elías (co amijo José Manuel Piedra á cabeza), Marián, Tres Pesos e Heredeiros da Crus. E para rematar falamos coa psicóloga Vázquez Laura da asociación Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia para que nos conte a súa labor e entender un pouquiño máis ese mundo de coidados psicolóxicos necesarios para familias con estas necesidades. Así que xa sabedes, escoitádenos, compartídenos, contádelle á xente que existimos, que falamos en galego e se vos presta, podedes apoiarnos económicamente en Patreon. Apertazas! https://www.patreon.com/anovarealidade
01:17:55
Episodio 82 -11/02/2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe vimos con moita música, sobre todo, pero sen esquecernos da nosa axenda cultural coa que demos comezo o programa, como de costume. Falamos, entre outros de Arc Os Tilos, Asociación Rio Tella, Anacos educativos, Asociación Cultural Gazafellos do Val, ANPA CRA de Teo, Queremos galego!, plataforma A Ulloa Viva, Arredor da tradición, Praíña Sporting Club de TEO, Futbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo e Club Billar Teo. Sección patrocinada por A zapatería de Sandra. Logo falamos con don Abraham Benitez e da súa labor solidaria na realización de eventos deportivos en Ribeira e que está a preparar a 2ª andaina ART for DENT. O noso xa habitual bloque musical onde aos Mileth e A banda da Loba se lles sumanron Gala i Ovidio de Aida Tarrío e Raül Refree, Guadi Galego e TANXUGUEIRAS, De Ninghures, Pauliña e @somos.leria Secciòn patrocinada por A Despensa do Saa. E para pechar o programa, anunciamos novo básico de Salón. Desta volta tivemos a ben poder coñecer a @iamhydn e poder conversar un ratiño e que nos puideran ofrecer 2 temas en acústico. Hoxe, adianto no programa, non o perdades!! O Básico será publicado o venres 14 de Febreiro en directo ás 21:00 en axentedeteo.gal/radio e despois no seu correspondente podcast en ivoox. Ídesnos escoitar? querésnos contar algo? pois temos Instagram e temos este post onde nos podedes facer as vosas achegas! Escoitádenos e compartídenos se vos presta! E, se vos presta aínda máis, temos un Patreon onde podedes colaborar para facernos chegar a máis xente e medrar máis!! Apertazas!! https://www.patreon.com/anovarealidade/hip
01:19:18
Episodio 81 - 28-01-2025
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe, coa nosa axenda cultural falamos de A.C. A Carrabouxa de Teo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, Arc Os Tilos, Anacos educativos, Grupo de teatro municipal de Ames, A Despensa Do Saa, InteRed Galicia ONGD, A Requinta De Lampai, Festivala: Mulleres Creando, Fútbol Calo S.R., Club Patinaxe Artistica Teo, Club San Francisco Teo, Praíña Sporting Club de TEO, e fixemos un pequeno cariño radiofónico a un veciño que tivemos en Teo durante moitos anos e que nos deixou a semana pasada, o gran Xosé Manuel Piñeiro. Logo Nair e Brando contáronnos uns propósitos de ano novo que pode ser que den que cavilar... ou non... Continuamos polo bloque musical onde, desta volta, aos Mileth e A banda da Loba se lles unen De Ninghures, Deleiba, Lucía Aldao, Vimbio e Exeria. E para rematar, o actor, músico, mestre e locutor de radio Fran Campos compartiu con nós un anaquiño para que saibades máis del e do que está a facer agora mesmo. E que saibades que o 14 de Febreiro van coa obra "Un médico na aldea" a Vilagarcía. Que dicides? préstavos acompañarnos? comentade cousiñas que queirades que falemos e dicídenos que vos parece... e se vos presta apoiarnos sabede que temos un Patreon onde podedes facelo económicamente para que poidamos seguir producindo o programa cada vez mellor. Apertaza!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:19:52
Episodio 80 - 14/01/2025
Episodio en A Nova Realidade
Comezamos coa axenda cultural con ANPA CRA de Teo, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, IV Premios Alfredo Iglesias de Alejandro Regueiro, A.C. A Carrabouxa de Teo, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Asociación Amigos peludos de Teo, Club San Francisco Teo, Club Patinaxe Artistica Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial e Club Billar Teo, e, logo dela, teremos ao amigo Jásper Jsp que nos falará do peche da xira de LOITA AMADA deste venres na Sala Capitol de Compostela, no que debedes ir apurando para ir sacando as entradas xa que haberá un festón con moita xente convidada que farán as delicias de todas as que vos acheguedes a disfrutalo! Logo un bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba se lles unen LOITA AMADA, Suevia, Os John Deeres, Hydn e pecharemos con A banda da Loba das que logo tamén as escoitaremos falarnos un anaquiño do seu próximo traballo Lovismo e do concerto de presentación que terá lugar tamén na Sala Capitol de Compostela o día 1 de Febreiro con xente convidada tamén. Xa elas volo contan... Así que xa sabedes... Tamén o poderedes escoitar en Podgalego. E se vos mola a nosa labor, precisamos de mecenas que nos axudedes a medrar, para iso temos un Patreon onde poderedes colaborar como mellor vexades. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:11:39
Episodio 79 - 17/12/2024
Episodio en A Nova Realidade
Despedimos o ano 2024 con este derradeiro programa do mesmo. Hoxe traemos de novo a axenda cultural na que vos contaremos propostas das asociacións e colectivos veciñais como ANPA A Rabadela, ANPA Río Tella, CRA de Teo, Aspamite, AC A Mámoa de Luou, Asociación Cultural O Tileiro, SR de Calo, Rosalia de Castro Cacheiras, Plataforma por unha Ulloa Viva, Colectivo A Rula, Praíña, Futbol Calo, SD Cacheiras, Recesende, Clube Patinaxe Artísita de Teo, Club San Francisco Teo. Falamos da San Silvestre do día 28 e demos información de como anotarse e colaborar e que o noso Iván Tourís será o mestre de cerimonias do evento. De seguido o bloque musical no que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles unen as propias Lobas que estrean tema novo, disco novo e xira nova, Os John Deeres que tamén teñen tema novo e arrincan con disco novo, Caamaño&Ameixeiras con Rodrigo Cuevas, Miguel Alonso que tamén sacou tema novo con videoclip dirixido por Irene Quinteiro e para rematar daremos a benvida ao Nadal con Broken Peach. No derredeiro bloque do programa, falamos co xa coñecido e colaborador deste programa, o amigo Alejandro Regueiro que nos vai a contar como serán os premios Alfredo Iglesias do vindeiro ano que se celebrarán o día 16 de Xaneiro no Concello de Teo. Agradecendo finalmente a confianza e que nos escoitedes e nos queirades. Que teñades unha boa saída e unha mellor entrada de ano!! Pois así pecharemos o ano, que dicides? ídesnos escoitar? compartídesnos? queredes axudarnos a medrar? Temos un Patreon onde podedes facelo económicamente se vos presta. Apertazas! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:16:14
Episodio 78 - 03/12/2024
Episodio en A Nova Realidade
Desta volta, logo da axenda cultural na que falamos de Aspamite, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Asociación Cultural O Tileiro, Arc Os Tilos, A Ulloa Viva, teenses pola igualdade, AC A Carrabouxa, Amigos Peludos de Teo, Asociación Cultural Coto Manguelo e os deportes co Praíña, Calo, Caheiras Recesende, Clube de Patinaxe de Teo, Club Billar Teo e Club San Francisco Teo, temos un primeiro bloque no que volta o E ti que pintas? no que Nair falanos da conta de instagram @mujercitastudio que é unha comunidade crada por dúas amigas que queren tecer unha memoria colectiva de mulleres artistas. Logo, no noso bloque musical teremos unha sorpresa na canción de cabeceira e á de peche de A banda da Loba lles acompañan Deleiba, Michu da Rocha, Os Imperfectos, @maricarme.trad e Fillas de Cassandra. Ademáis falamos dun docu que tedes que ver de Loita Amada e do concerto de despedida na Sala Capitol de Compostela. E para rematar, voltan os Básicos de Salón, pero hoxe non o escoitaremos enteiro... pasan a ter o seu propio espazo dentro da programación da radio de A Xente de Teo, co cal, escoitaremos un adianto do que será un básico de salón que levamos agardando hai tempo e que por fin podemos dicir que temos o do noso grupo de cabeceira, Mileth. Despedimos mandándolle os parabéns ao Teovivo polo seu décimo aniversario. Compartide, escoitade, dicídello á xente, disfrutádeo e, se vos presta, apoiádenos en Patreon para poder facer moito máis. https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:10:26
Episodio 77 - 19/11/2024
Episodio en A Nova Realidade
Hoxe temos a nosa axenda cultural, coma de costume, falando do traballo das asociacións culturais, veciñais, folclóricas e deportivas. Asociacion Trinxidoiro, Aspamite, Colectivo A Rula - Asociacion Cultural, A Ponte Vella, Arc Os Tilos, Centro Socio cultural José Saramago de Vite, Arexionalista Teo, Asociacion Amigos Peludos de Teo, ANPA IES Cacheiras, Rosalia de Castro Cacheiras, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Amas de Casa de Mazaricos - Asoc. Cultural el Hórreo, Asoc. Cultural Gazafellos do Val, A Casa da Irmandade, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Plataforma por unha Ulloa Viva, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D.Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo. Nun primeiro bloque, falamos de tradicións, mitos e lendas galegas un ratiño e damos a coñecer cousas das mesmas. Logo ven o noso bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles suman Leticia Rey e Andrés Rey, LAW, Mr Kamandula, IGMIG e Hugo Guezeta con DAKIDARRÍA. E no derradeiro bloque falamos con Zora Leis Barcia de teenses pola igualdade e con Chelo Cajide Labandeira do Cimteo Teo para coñecer as actividades que teñen previstas para a celebración do día Contra a Violencia Machista. Que vos parece? pinta ben? pois escoitádenos, compartídenos e, se vos presta, axudádenos a crecer patrocinándonos no noso Patreon. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:11:11
Episodio 76 - 05/10/2024
Episodio en A Nova Realidade
Na Axenda cultural falamos sobre o documental de Laura Rabizal (O amigo Xurxo Souto) que presentou recentemente en Chantada. Tamén do certame de teatro que xa comezou en A.C. A Mámoa de Luou - Teo e que nos trae teatro todos os domingos deste mes. Tamén da Ruada de Outono da Asociación A Xesteira e da Romaría Viva de Santiso de Santiso Vivo. Continuando pola Asoc. Cultural Gazafellos do Val co seu magosto e o concurso de bandas xuvenís, a proxección dun documental de Carmen Pérez Gonzalez-Granxeiro na Gentalha Do Pichel. E para rematar falamos da saída micolóxica de teenses pola igualdade e o camiño de vivos e mortos da Asociación Trinxidoiro. Co gaio do día Mundial da dor crónica, celebrado o pasado 17 de outubro, Falamos un anaco dela e escoitamos á nosa querida Alicia De Galicia que protagonizou un video dun tratamento que está a seguir e nos falou del e logo falamos coa fisioterapeuta Elvira M. García para saber das súas experiencias nesta súa profesión. No espazo musical, patrocinado (e agradecidísimos de que o faga) por A Despensa do Saa, aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba, se lles van sumar desta volta Carolina Rubirosa, Broken Peach e Sun Iou e falaremos do novo tema de Mr Kamandula. E para rematar, falamos co presidente e mestre de pandeireta da asociación Asociación Cultural O Tileiro Goyo Ramos, que nos contou como nace esta asociación e que tal lle está a ir. Estades con nós? gústavos o noso traballo? pois podemos facer máis cousas se nos apoiades, nos compartides e, se podedes, aportades algo no noso patreon. Bicasos!! https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:17:18
Episodio 75 - 22/10/2024
Episodio en A Nova Realidade
Volta A Nova Realidade e faino cunha remuda importante. Agora o programa dura unha horiña, así que é moito máis doado de dixerir. Non faltan as novas das asociacións teenses (e agora tamén as da contorna) e a música feita aquí, cos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A Banda da Loba, aos que se lles unen hoxe Marian, Mondra, Tanxugueiras e Ukestra do Medio. A gran novidade desta tempada é que a Brando e a Iván se lles une na presentación do programa Nair, coa que falamos un rato para que a coñezades máis. E para rematar, entrevistamos á presidenta da asociación teense Cruceiro do Monte de Solláns, a compi teatreira Milagros Martínez. Pegádelle unha escoita, que desta ides poder ben con el e xa nos comentades que vos parece. E se vos presta, compartídenos ou apoiádenos no noso recén creado patreon https://www.patreon.com/ANovaRealidade
01:04:55
Episodio 74 - 27/06/2024
Episodio en A Nova Realidade
Derradeiro xoves desta tempada de A Nova Realidade. O que non sabemos é se será o derradeiro programa de A Nova Realidade, todo dependerá do que meditemos o Brando máis eu este verán e do que nos digades vós... se vos presta que sigamos dicídenolo comentando este post. Neste derradeiro programa temos con nós a colaboración de xente que, sen ela, isto non podería ter seguido... graciñas Alejandro Regueiro , Benjamin Lopez e Alicia De Galicia! Vós sodes A Nova Realidade. Damos as novas das asociacións teenses BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, ANPA Cobas Ceip Os Tilos, Anpa A Rabadela, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Aspamite, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, A.C. A Mámoa de Luou - Teo, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Banda de Música Cultural de Teo, A Praíña - Entreaspontes, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, teenses pola igualdade, Asociación Amigos peludos de Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D. Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e logo temos o bloque musical que aos nosos grupos de cabeceira Mileth e peche A banda da Loba se lles suman, desta volta, Carabela Música, Broken Peach, Carlos Ares Music, Keixa, Antía Muíño con Caamaño&Ameixeiras, Cristina Eiró, A Pedreira, Hugo Guezeta, Os Vakalouras e LOITA AMADA. No noso derradeiro E Ti Que Pintas? contamos con outro dos grandes muralistas da nosa terriña, o gran Yoseba MP, que nos fala de como comeza a pintar e os seus traballos. E para rematar, imos facelo co amigo Cristian Silvoso coñecido nas redes coma ZettaGamer, recoñecido Youtuber e influencer que nos fala como chega a selo e os seus proxectos.
02:30:13
Episodio 73 - 13/06/2024
Episodio en A Nova Realidade
Demos conta das novas das asociacións teenses Arc Os Tilos, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Aspamite, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Banda de Música Cultural de Teo, A Praíña - Entreaspontes, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, teenses pola igualdade, Asociación Amigos peludos de Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D. Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo e no noso bloque musical, contamos ademáis dos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba con Mariagrep e GALICIAN ARMY, Xosé Lois Romero e Rafaela Sá, Lontreira, Hugo Guezeta, Vimbio, Sheila Patricia e STONED AT POMPEII. Contamos co noso profe Benjamin Lopez para unha nova conversa de economía por juasap, desta volta, para falar da hipoteca. E para rematar, temos o luxo de poder facer un E ti que pintas? e un básico de salón ao mesmo tempo xa que a artista Celia Pía abreunos as portas do seu salón para falarnos da súa arte pintando, facendo poesía e cantando. Que ides facer? escoitádesnos? compartídesnos? faládelle á xente de nós. Apertazas!
02:41:30
Episodio 72 - 30/05/24
Episodio en A Nova Realidade
Neste programa damos as novas das asociacións teenses BolboreTea Fam Teenses Neurodiversidade, Arc Os Tilos, Anpa A Rabadela, ANPA Río Tella, ANPA CRA de Teo, Aspamite, Arexionalista Teo, Asociación Trinxidoiro, Sociedade Recreativa San Xoan de Calo, Rosalia De Castro Cacheiras, A Ponte Vella, Asociación de Mulleres Rurais de Teo, Banda de Música Cultural de Teo, A Praíña - Entreaspontes, Colectivo A Rula, Asociación Cultural, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, teenses pola igualdade, Asociación Amigos peludos de Teo, Asociación de veciños Os Tilos, Praíña Sporting Club de TEO, Fútbol Calo S.R., S.D. Cacheiras, S.D.C. Recesende - Página Oficial, Club Patinaxe Artistica Teo, Club Billar Teo, Club San Francisco Teo e logo no bloque musical temos acompañando aos nosos grupos de cabeceira Mileth e de peche A banda da Loba a Ansuíña, Marián, O Caiman Do Río Tea e Pandereteiras As Lucernas, Alexandra Carrera, Nastasia Zürcher, Ataque Escampe, Storrentos e MJ Perez. Logo temos as nosas conversas de economía por juasap co profe Benjamin Lopez onde falamos de fondos buitre e de vivenda. No E ti que pintas? de hoxe, temos á nosa amiga Nanako Nene, muralista de Ordes que xa levamos tempo tentando traervos nesta sección e que por fin conseguimos tela con nós. E para rematar un novo básico de salón. Desta volta puidemos ter con nós ao xenial Grande Amore que nos fala un ratiño da súa traxectoria e nos toca uns temas en acústico. Non o perdades!! Apertas!
03:39:25
Más de AXenteDeTeo Ver más
En Estado de Emerxencia Outra cacholada do Iván Tourís para levar, de forma amena, as horas de corentena por mor do Covid-19. Música, humor, entrevistas e difusión das asociacións teenses. Actualizado
Básicos de Salón de A Nova Realidade Entrevistas a artistas ou grupos no salón nas cales tocan algúns dos seus temas ao vivo... ben sexa onde se fai o programa A Nova Realidade ou no salón da artista en cuestión ou grupo. Actualizado
Programas Especiais Aquí meteremos todos os programas que se fagan con motivo da celebración dalgún evento que non estea clasificado dentro da programación da radio. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Noviembre Nocturno Podcast de ficción sonora. Literatura, fantasía, terror y Ciencia-ficción. La distancia más corta entre nosotros y la verdad es un cuento. ^(;,,;)^ Actualizado
Terror y Nada Más (Ficción sonora - Audiolibros) Terror y Nada Más: 17 años creando experiencias inmersivas de terror, suspense y ciencia ficción con base en guiones propios y en relatos de autores clásicos, contemporáneos y nuevas promesas. ¡Ficción sonora en estado puro! Actualizado
Relatos Salvajes Espacio dedicado a audio relatos de aventuras, fantasía, ciencia ficción y terror, narrados con voz humana, dirigido a aquellos que no tienen tiempo para sentarse y leer ¡Sed bienvenidos! Actualizado