iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
A Galería 2.0 1b4j4r
Por RadioEstrada
1.825
201
Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas: información, música, concursos, entrevistas de actualidade, axenda cultural.. e colaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... contamos tamén con tertulia cada xoves e sempre que podemos, música en directo. 37u2s
Magazine que conta co menú habitual en este tipo de programas: información, música, concursos, entrevistas de actualidade, axenda cultural.. e colaboracións semanais nas que falamos de saúde, falamos de cine e tv... contamos tamén con tertulia cada xoves e sempre que podemos, música en directo.
A Galería 060625
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 👩🏫31´#DinamizaRural Marisé García falounos das xornadas "Mulleres forestais. Plantamos futuro" que están xa rematando. Falounos desas xornas e da importancia de por en valor os nosos montes e sacarlle o mellor proveito. Xunta de Galicia XERA Axencia Galega da Industria Forestal #AMARUGA #AsociaciónMulleresRuraisGalicia #ElasXeranSector #Galiciaémadeira #XERAsavia #industriaforestalmadeira 🤣60´#Hipies #Gerundina e os hipies e a cúrcuma, o voo dos paxaros ó mencer... 🤣76´#Notario Si a #Gerundina lle dan as contas... en todo o concello da Estrada só hai un notario/a e parécelle que hai un gran nicho de profesional por cubrir. 🙋♀️86´#Axudas O Concello A Estrada abriu ata o 25 deste mes un tempo para solicitar axudas para eventos culturais para este ano 2025. Escoitamos á concelleira Lucía Seoane. 📽🤣99´#CineTV #Gerundina: "... que si Fran, que nadie se vai dar conta. Ti non te rías. " Pedro Pérez non puido acompañarnos así que ela misma encargaouse de facer a sección de cine e TV coa carteleira de Minicines Central Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:48:10
A Galería 050625
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🤣25´#TipsFeiraDaSidra #Gerundina pediu #basicos para ir á feira da sidra deste sábado: gafas de sol, roupa cómoda, almax, unha ghorra para o sol... 🪗40´ Tequexetéldere Tequexeteldere Af A agrupación estradense pechará o domingo no Teatro Principal A Estrada o curso e si queredes asistir, tedes que recoller o convite gratuito no departamento de A Estrada Cultura. Pronto abrirá preinscripción para o vindeiro curso. 🍷45´ Lugardelvino A Estrada David Jové falounos hoxe das #IA e a súa influencia para mercar viño, lembramos de novo a feira da sidra e a recomendación de hoxe é perfecta para maridar con sidra: queixo azul #AirasMoniz 🤣60´#Pamelas e #Sidra Este foi outro tema de conversa entre #Gerundina e a audiencia: sombreiro, gorra, visera, pamela... 🍏68´#FeiraSidra Case 4.000 litros de sidra despacharanse o sábado na 12ª edición deste evento gastronómico e para o cal onte comezaron coa instalación das barras. Contóunolo dende a organización Miguel Soto. 🤣75´#MoitaXente #Gerundina insiste que no mundo hai demasiada xente no mundo... nos bares, nas festas, nas vilas, no monte, nas praias, nos enterros... 🌞93´#CampamentosVerán Mañán venres pecha o tempo para solicitar praza para os #campamentosdeverán do Concello A Estrada. Lembramos o que nos contaba a concelleira Amalia Goldar 🏖105´#ComisiónSanPaio25 Lembra que podes facer a túa aposta e si adiviñas o nome da persoa que dará o pregón das festas #SanPaio25, podes levar 50 rifas para o sorteo dunha viaxe a #PuntaCana. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:49:49
A Galería 040625
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🤘13´ #MércoresDeTemazos Hoxe soaron Revolver Status Quo Pentatonix Dolly Parton Guadi Galego Gabinete Caligari Frank Sinatra... 🥋28´ A Estrada Deporte David Carballo contounos que o venres abre o prazo de inscripción para a #NocturnaEstradense do 21 de xuño e ademais achegounos novamente a axenda deportiva dos vindeiros días entre os que destacan o encotro do Club Deportivo Estradense co SD Sarriana, (sábado ás 19hrs.), e... 👉... convidou a Xaquin Baldomir Sendón do Judo Club BASE xa que este sábado celebran a sétima gala infantil de #KYUS na que participarán máis de 170 deportistas. 👉Este espazo de información deportiva está patrocinado por Talleres Elmacar S.L 🐮60´ Semana Verde de Galicia Mañán abrirá a 47ª edición na Feira Internacional de Galicia ABANCA no Concello de Silleda. Falamos co seu xerente, Ricardo José Durán Rodríguez, que entre outras, contounos que se bate recor de visitantes estranxeiras. Temos toda a información, horarios, eventos na web 👉 https://www.semanaverde.es/ 🔥74´ #SanXoán O Concello A Estrada abriu o prazo para solicitar os permisos de queima para as fogueiras, cacharelas, da noite de #SanXoán. Escoitamos á concelleira Lucía Seoane 🐴82´ Rapa Das Bestas #Sabucedo Abriu o prazo para mercar as entradas, só vía on-line, para os curros deste ano. Dende #ActualidadeMediodía, Pepe Rodriguez Gomez falou con Paulo Vicente Monteagudo sobre a edición deste ano. Rapa Das Bestas A Estrada Sabucedo,Aloitadores/as 🏖99´ #SanPaio25 Si adiviñas quen será o pregoeiro/a das festas deste ano, podes gañar 50 rifas para o sortea dunha viaxe a #PuntaCana. E por certo, este ano, teremos concerto tributo a Frank Sinatra Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:44:58
A Galería 030625
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 😂21´#Gerundina volveu e volveu con enerxía e como unha "reina". 🐴41´#ORuralEsquecido Queda pouco menos de 2 meses para a rapa das bestas de Rapa Das Bestas Sabucedo e Merche Nodar Sanmartin falounos hoxe das orixes desta celebración e das lendas ó seu arredor. 📖67´#Roteiro A Asociación Cultural "Vagalumes" Tabeirós Montes realizarán o sábado un roteiro polos montes de #Couselo, monte #Xesteiras, como lembranza e homenaxe a Manuel Coto Chán, un veciño de Cuntis afincado na Estrada, onde, neses montes, tivo que esconderse pola represión franquista en 1936. Falamos con Adrián Coto, bisneto do protagonista, quen traballou na realización dun libro que recolle toda esta historia, xunto a Marcos Borrageros e Xoán Carlos Garrido Couceiro 🤣84´#Gerundina... ... e os contenedores orgásmiscos🤮 ♻️89´#Reciclaxe O Concello A Estrada ten en marcha unha campaña de información e concienciación sobre a reciclaxe de basura e mañá mércores será no cole Ceip Manuel Villar Paramá. Escoitamos ó concelleiro Oscar Duran 🏖104´#SanPaio25 Xa coñecemos o programa completo das festas deste ano pero aínda nos falta o nome da persoa que dará o pregón, polo tanto, continúa o concurso. Participa! Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:49:40
A Galería 020625
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 😒9´#RelatosUrbanos #AConspiraciónDaBotica parece o título dunha novela, peli ou serie de TV. E podía ser sin problema. Así é como Juan Andrés Fdez. Castro bautizou á trama que se xestou para quitarlle a "alcaldía", a casa consistorial a #Cereixo e traela para a, agora, vila da Estrada. A crónica fíxonola Ricardo Terceiro. 🎁44´Elegal Sabedes que temos que declarar o imposto por donacións ou mesmo agasallos de boda? Ofelia Mato Ribadavia falounos dos distintos supostos, beneficios fiscais... 🏖68´#SanPaio2025 Continuamos co concurso de "adiviña ó pregoeiro/a das festas". 👩🏫74´#Consumo Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada e Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar voltaron para falar de dereitos e obrigas dos consumidores... 🔍92´ ... e desta volta sobre pólizas de seguros, cláusulas bancarias abusivas e portabilidades telefónicas. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:53:56
A Galería 300525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🎵12´ O #OrballoCultural chegará mañá sábado ó Concello A Estrada co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e tamén de Su Garrido Pombo Su Garrido Pombo Música, con quen tivemos o “pracer” de falar uns minutos sobre música, os patios de luz, as aldeas, as tradicións… e o pracer. 🎭26´ A #EscolaMunicipalArtesEscénicas #EMAE pechará esta fin de semana o curso 2024/2025 con 4 propostas dende hoxe ata o domingo que poderemos disfrutar tanto no Teatro Principal A Estrada como na rúa. Falamos co xerente da #EMAE, Xosé Lueiro. A Estrada Cultura #FundaciónCulturalAEstrada 🚵♀️37´ #DinamizaRural Marisé García convidou a Jose Luís Pereira de Recycling para darlle unha segunda vida a esas bicis que temos abandonadas na palleira ou no cuberto: recollida, reparación e doazón. De feito, porase en marcha aquí na Estrada un punto de recollida. 🤘72´ #OsArrieriños é o primeiro festival pop-rock para público familiar de Galicia e que organiza o Concello A Estrada. Será o domingo ás 18hrs. na praza do concello con entrada libre e gratuita e estarán Pakolas, Uxía Lambona e a Banda Molona, Broken Peach e como mestre de cerimonias, e a quen convidamos hoxe tamén ó programa, o MAGO TETO. 🏖88´ Sorteamos o último #feixe de rifas para a viaxe a #PuntaCana da comisión de festas #SanPaio25 e o gañador foi Santi. 🤦94´ Pedro Pérez preguntounos cal foi esa serie ou peli que aínda gustándovos deixouvos así como... fastidiados polo final, pola trama, por matar personaxes queridos... saíron The Last Of Us #Lost #LosSerrano Game of Thrones... E coincidimos con Pedro Pérez: "... que boa oportunidade perdeu o cinema galego, o audiovisual galego, para dar a coñecer a #Castelao maís alá de Galicia... xa que a peli quédase curta e está feita para nós... " Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:56:06
A Galería 290525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 👩🏫7´ Última actividade da #EscolaNaiEPais do IES Plurilingüe Antón Losada Dieguez, hoxe ás 19:30hrs. sobre "como axudar á rapazada a tomar decisións académicas". A relatora será a orientadora do propio centro Ana Parada Gañete. 👩🎤28´ Broken Peach tamén estará o domingo no festival #OsArrieiriños. Falamos con Lara Rodriguez Perez e díxonos que están preparadas para voltar a Estrada. O festival comezará ás 18hrs. da tarde e ten entrada libre e gratuita.@Concello A Estrada A Estrada Cultura 👏43´ Chamamos a Marcos de Couso para felicitar ós Os John Deeres xa que onte gañaron nos Premios Martín Códax da Música. De feito falamos con el a poucos minutos de comezar concerto no Correlingua en Pontevedra. Parabéns tamén a LOITA AMADA e a Banda de Música Municipal da Estrada polas súas nominacións. 🍷48´ Lugardelvino A Estrada Tivemos recomendación de #godello, o D.O. Ribeiro #MaríaMeréns e ademais, falamos con David Jové sobre "canto estamos dispostos a pagar por un viño". 👉Lembrade que a tenda de Lugardelvino A Estrada na rúa Ulla ten horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañán. 🎼#ConservatorioProfesionalMúsicaAEstrada Concello A Estrada Pechamos por este curso as visitas do #conservatorio estradense ós nosos estudios. Neste tempo coñecemos un pouco máis o funcionamento interno, as aulas e especialidades... ós profes e ó alumnado. Para despedir viñeron hoxe por aquí... 🎵63´ ... en primeiro lugar o profe de música e movemento Ángel Vidal Cortizo con 6 alumnos que ademais tocaron en directo: Xián, Martín, Mateo, Pablo, Mariña e Mateo. 🎺86´ ... e logo coñecemos ós profes de vento metal, (tombón, tuba, bombardino, trompeta... ), Pablo Emilio Santaclara Ríos, Nicolás Leiro Álvarez e Victor Manuel Vilariño que viñeron acompañados tamén de 3 alumnos que tamén tocaron en directo: Lía, Xiana e Mateo. Moitas grazas a todas e todos! Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:52:34
A Galería 280525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🤘9´ #MércoresDeTemazos Soaron Franco Battiato Red Hot Chili Peppers Extremoduro (oficial)... e Daddy Yankee por que o Roi dixo "nhc" e claro... nhc?🤦 📖14´ #Dinamizaestrada os equipos de dinamización lingüistica de tódolos centros educativos da Estrada, celebran hoxe unha nova edición da #FestaDasPalabras, ás 20hrs. no Teatro Principal A Estrada. Susana Arins será a madriña, terán música en directo... contounos todolos detalles a profe @Mónica Mato Bustelo dende o Ies Avelina Valladares 🎡26´ Imos sortear dous convites para o xantar de primavera que organizan en #Callobre e despois, sobremesa coa orquesta #OsSatélites 🏀34´ A Estrada Deporte Esta fin de semana, o Concello A Estrada acollerá unha vez máis as finais autonómicas de #premimibasket e #minibasket, nas cales se darán cita máis de 500 deportistas con posibilidades de acudir as finais estatais. David Carballo convidou a Darío Méndez, director deportivo da Federación Galega de Baloncesto para ampliar información. 🚗Este espazo de información deportiva da #Galería de Radio Estrada 107.7 está patrocinado por Talleres Elmacar S.L 🤘64´ O domingo 1 celebrarase o festival #poprock #OsArrieiriños e hoxe coñecemos un pouco máis a outra das propostas musicais: Uxía Lambona e a Banda Molona de Troula. Falamos con Laura De Gabriel Alberti e díxonos que teñen moitas gañas de vir a Estrada. Lembramos que a entrada e libre e gratuita A Estrada Cultura 🏖97´ E seguimos co concurso da comisión #SanPaio25. O venres sortearemos un #feixe de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:47:45
A Galería 270525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 😓9´ Foise Emilio Cao. Faleceu onte ós 72 anos. Un dos músicos máis importantes en Galicia das últimas décadas. Dende aquí a nosa pequena homenaxe. Tamén escoitamos a Guadi Galego que pechará as festas da #Ascensión o a Youssou Ndour que estará nas festas do #Apostol 🤣32´ Tivemos que facer un pequeno axuste técnico na nosa emisora e vortamos a emisión uns mintos e xusto nese momento, vivimos en directo unha auténtica locura radiofónica, un momento único, irrepetible, emotivo... fixemos historia da radio ou, como dixo #Gerundina, "historia humana". 🚶♀️39´ #ORuralEsquecido Coñecemos hoxe o Pazo de #Correáns, na parroquia de #Vinseiro. Un pazo pouco coñecido con unha fronte pouco común que pertence ó #barroco compostelán. 🤘67´ Hoxe convidamos a Pakolas Paco Pakolas Cerdeira xa que o domingo abrirá ás 18hrs. o festival #OsArrieiriños que pon en marcha o Concello A Estrada A Estrada Cultura, o prmieiro festival galego #poprock para público familiar. E ademais, con entrada gratuita! 🎡85´ En #Callobre non paran e este domingo teñen #XantarPrimavera e a #OsSatélites. O venres sortearemos dous convites para o xantar. 🏖99´ E tamén o venres, sortearemos un #feixe de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana da comsión #SanPaio25 Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:47:52
A Galería 260525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 👨🏫11´ #RelatosUrbanos Comezamos felicitando ó Club Deportivo Estradense e logo, Ricardo Terceiro, explicounos o por que algunahs rúas do Concello A Estrada levan ese nome como, (por orden na foto): Pérez Viondi, Justo Martínez, Martínez Anido e Waldo A. Ínsua. 👩🏫46´ Abundanthia #EducaciónFinancieira Temos 7 puntos para disfrutar do ocio sin estrés, nin culpa a nivel económico: orzamento, planificación, evaluación... Tivemos de novo con nós a Lucía López Ferradáns 📽63´ Minicines Central continúa coa proxección de Antes de Nós. O filme sobre Castelao. De feito esta tarde, ás 19hrs., proñen un #cineencontro coa productora Zaza Ceballos e co axudante de dirección Jacobo Saenz. Contóunolo Luís Rivadulla. 🙋♀️74´ #Consumo Entre as #andanzas de Ana Maria Cores Meixus falamos tamén de comercio electrónico e as obrigas das empresas e o dereito de desestimento. Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:49:36
A Galería 230525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 😂26´ #Gerundina chegou falando de #citas en #aldeas, dos nomes dos animais como canta Bob Dylan, do incio de "100 años de soledad" de Gabriel García Márquez... 👨🏫31´ #DinamizandoRural Marisé García convidou a @Juan Carlos Pérez de Aldealista, unha app para atopar a túa #aldea, #vila... ideal. 🎭63´ Sarabela Teatro ofrécenos esta noite ás 20:30hrs. no Teatro Principal A Estrada A Estrada Cultura, a súa montaxe de #MadeInGaliza de Séchu Sende. Unha peza con moito humor, tenrura, retraca... sobre a lingua galega onde, entre outras, anímanos a falar en galego "incluso en público". Tivemos a sorte de ter con nós a Fina Calleja que se encargou da dirección e da dramaturxia xunto a Fernando Dacosta. 😥72´ E cousas da vida... xusto cando chamamos a Fina Calleja para falar de teatro soubemos da triste nova do falecemento dun dos máximos exponentes musicais do país e moi vinculado ó teatro e ás artes escénicas: Piti Sanz. Dende aquí a nosa pequena homenaxe e... 3, 2 1... partiu! 😂80´ Sabedes a diferenza entre "lote" e "feixe"? #Gerundina explicóunolo hoxe tende como referencia ó #RFIMC a #RealFederaciónInternacionalMediciónCousas. Xa despois fixo o sorteo e Rosa Maria Perez Sande levou as 50 rifas para o sorteo dunha viaxe a #PuntaCana cortesía da #comisiónSanPaio25. 🎥92´ Pedro Pérez falounos e recomendounos a peli Antes de Nós. O filme sobre Castelao que hoxe se estrea en toda España e como non, tamén aquí, en Minicines Central. Unha peli que conta dous momentos da vida de #Castelao xunto a #Virxinia e con moita vinculación ó Concello A Estrada. E por outro lado tamén nos contou algo máis sobre o libro que vai publicar sobre os #TeleClub do Concello A Estrada: historia, anécdotas, grupos de teatro, música... Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:48:38
A Galería 220525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 😅23´ #Gerundina empezou o programa preguntándose que fai Gonzalo Pérez Jácome como pregoeiro da festa do año ó espeto en Loimil🤘28´ O Concello A Estrada A Estrada Cultura porán en marcha o 1 de xuño o primeiro festival de pop-rock en Galicia para público infantil e familiar: #OsArrieiriños. Con Pakolas Uxía Lambona e a Banda Molona e Broken Peach. Presentouno o alcalde Gonzalo Louzao Dono que tamén nos dixo... 🤘39´ ... que será do festival O son dos arrieiros? 🍷47´ Lugardelvino A Estrada Con David Jové falamos de innovación, tradición... #FeiraViñoValdeorras... e recomendación de #LuarDoSil, godello D.O. Valdeorras 🎺72´ A Banda de Música Municipal da Estrada porá en marcha o domingo ás 18hrs., o #FestivalDeBandas que nesta primeira edición homenaxeará ó músico Manuel Vilariño e contará coa participación da Banda De Música Vilatuxe a Banda de Música Cultural A Estrada e a Banda de Música Municipal da Estrada. Estivo con nos o presidente da agrupación Carlos Vinseiro Rodriguez 👶83´ Naceu Inés, (benvida!), e #Gerundina xa lle adicou a súa primeira canción para celebralo pero tamén para crearlle un vinculo emocional con Radio Estrada 107.7 e que nun futuro sexa oínte fiel da emisora. 🏖95´ Só queda un día para o sorteo doutro lote de rifas para optar á viaxe a #PuntaCana, 9 días e 7 noites, que sorterá a comisión #SanPaio25. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:45:30
A Galería 210525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🚣♀️9´ Mañán xoves imos sortear o desconto do 50% que vos regala a Asculxuv Río Gallo-Cuntis para ir de viaxe a Asturias e facer o descenso do #ríosella. 🤘13´ #MércoresDeTemazos Hoxe soaron Sixto Rodriguez, Ghost SEGURIDAD SOCIAL Coque Malla La Unión Bruce Springsteen... 👅26´ Máis de 1.500 participantes na edición deste ano no Concello A Estrada con alumnado que se achegou tamén dende Concello de Cuntis ou Concello de LALÍN. Contóunolo a concelleira de educación, Amalia Goldar 🙋♀️E tamén a Amalia Goldar preguntámoslle sobre a nova campaña #DepoTermal2025 da Deputación Pontevedra e díxonos que o prazo está aberto ata o 6 de xuño e que se pode facer as inscripcións de xeito presencial ou dende a sede electrónica. 🚴36´ A Estrada Deporte Contamos de novo con David Carballo que nos deu conta da apertura do prazo para solicitar os campamentos de verán, o luns 26 de maio, e dalgúns eventos desta fin de semana como a final da liga de loitas olímpicas base que organiza A Cambadela, o encontro do Club Deportivo Estradense ou... 👉42´... ou a #XITrofeoConcelloDaEstrada categoría #master de #ciclisomo, e para iso convidou a Juan Bello Vilar que nos deu tódolos detalles. 👉Espazo de información deportiva patrocinado por Talleres Elmacar S.L 🤣59´ #Gerundina anda un pouco de baixón dicindo cousas como "... teño máis cousas que facer que vir a traballar!". Hoxe animámola a que escollar un #temazo. Sabedes cal? 🪗83´ Falamos con Jorge Porto Fuentes do Vinte Berzas para que nos dera os detalles da nova edición dos #CantosDeTaberna que encherán de música e festa a zona dos viños este sábado dende as 12:30hrs. Mesón Da Estrada #Plazoleta Cafeteria Invictus Pulperia Porta Catering Silvia Candil #OParadero A Riala #OEnredo Vinte Berzas 🏖96´ Aínda podedes participar no sorteo dun lote de rifas para opar á viaxe a #PuntaCana que vos regala a comsión #SanPaio25 Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:45:39
A Galería 200525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🚣♀️18´ ültimos días para participar no concurso xa que imos sortear xa o desconto do 50% para ir de fin de semana a Asturias e facer o #decenso do #RíoSella o 6, 7 e 8 de xuño, agasallo de Asculxuv Río Gallo-Cuntis. Aínda estades a tempo de mercar os vosos #billetes, tamén. 🚶♀️38´ #RuralEsquecido Temos novo destino con Merche Nodar Sanmartin que hoxe "levounos" ata o Concello de Forcarei a coñecer o castro de #Gareillas ou de #Rodeiras, un espazo de fácil , en boas condicións, grande... e que nos da unha visión perfecto sobre este tipo de poboados. ❤️🩹67´ O Concello A Estrada promove a utilización da aplicación para telefonía móbil Cardioangel coa que mediante unha alarma a outros móbiles, pedirá axuda a persoas que estén sufrindo un paro cardíaco. Carlos Martínez é un dos responsables desta app e díxonos tamén que o sábado, no #MOME, teremos unha xornada de formación en #R Reanimación Cardio Pulmunar á que podemos acudir para, en 10´, aprender a técnica. 👉79´ Na presentación de onte, Manuel Martínez, un dos membros do Servizo de Emerxencias A Estrada, contou, dende unha historia real, como calquere podemos aprender e ultilizar esta técnica de reanimación. 🏖90´ #Gerundina preguntou que faríades si vos toca a viaxe a #PuntaCana da comisión #SanPaio2025: pulserita e a cebarse ou optaríades por coñecer a cultura, tradicións e sociedade "puntacanesa"? Participade que o venres teremos novo sorteo dun lote de rifas. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:46:41
A Galería 190525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🚙12´ #RelatosUrbanos Ricardo Terceiro achegounos a historia do #PájaroAzul, un equipo de fútbol fundado a finais dos 70´s, (colleron o nome dun bólido do pasado século que chegou a ser o coche máis rápido do mundo), e contóunola en primeira persoa, Benigno de Panadería Cervela, que de aquela tiña uns 15 anos. 👩🏫40´ Elegal En plena campaña da #Renda2024, Ofeia Mato Ribadavia deunos algúns apuntamentos sobre a mesma. A campaña remata o 30 de xuño. 👩🏫69´ #Consumo Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada e Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar faláronos dos cambios de normativa nas chamadas comercias. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:48:13
A Galería 160525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🚣♀️9´ Temos en marcha un concurso no que sortearemos un desconto do 50% para a viaxe a Asturias e descenso do río Sella que organiza a Asculxuv Río Gallo-Cuntis para o 6, 7 e 8 de xuño. Participa! 😊18´ Abrimos ó grande o programa co noso primeiro convidado, Xosé Antonio Touriñán. Este ano será o pregoeiro e insignia de ouro da 51º Festa do Salmón do Concello A Estrada desta fin de semana. Con el falamos da nova tempada de #Clanes, do seu papel como #Fraga en #LaCanción, do teatro e a comedia nos bares… e ata de #Franco pescando no río #Ulla. 📸40´ #DinamizandoRural Voltou polo estudios Marisé García coa que hoxe falamos de #arqueoloxía da #fotografía e da importancia de conservar, restaurar… fotos antigas para coñecer a nosa historia, de onde vimos… 🎼32 A Coral Polifonica Estradense celebrará o domingo o seu tradicional concerto do #salmón no Teatro Principal A Estrada xunto ó Coro Entenza. Falamos con Javier Comesaña ó que tamén lle preguntamos polo remate de curso do #Conservatorio. ´🏖89´ #Chelo foi a gañadora doutro lote de rifas para o sorteo dunha viaxe a #PuntaCana que agasalla a comisión #SanPaio25. Para a semana, máis! 📽93´ Pedro Pérez convidou hoxe a Pepe Coira responsable de series como #Rapa, #LaCanción ou de Antes de Nós. O filme sobre Castelao que se estreará a vindeira semana. Ademais, deixámoslle a idea dunha serie sobre o dictador #Franco e as súas visitas ó río #Ulla. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:51:22
A Galería 150525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🚣♀️7´ Seguimos co concurso con Asculxuv Río Gallo-Cuntis que vos regala un desconto do 50% para viaxe a Asturias e descenso do #RíoSella con traslado e aloxamento incluído. Participa! 🍷43´ Lugardelvino A Estrada Ó salmón vaille ben case calquera viño como nos dixo David Jové: blanco, rosado, tinto, espumoso... Tamén comentamos con el o programa da #FestaDoSalmón deste domingo no Concello A Estrada e recomendounos un #espumosoj, un brut nature de Casa Mejuto ⛱64´ O Concello A Estrada abrirá o 27 de maio o prazo para anotarse nos campamentos de verán. Tedes as bases na web municipal e nas oficinas, dende onde poderedes facer tamén as inscripcións. Os detalles déunolos a concelleira Amalia Goldar 🚶♀️75´ Volta un "clasico" das actividades de A Fervenza de Ouzande: a #RutaDasLetras. Será este domingo 18 con saída dende a igrexa e "camiñará" ata as lagoas de Zo. Convidamos a Rosa de Cabanas para ampliar información. 🏖91´ Mañán venres sortearemos un lote de 25 rifas para o sorteo dunha viaxe a #PuntaCana que sortea a comisión #SanPaio25 🤣104´ E #Gerundina "se vino arriba" e pediu hoxe a creación dunha nova festa a do #EnPelotismoComunitario. Pide a colaboración da Hosteleiros da Estrada e que ese día os bares participen activamente como lle pediu ó Vinte Berzas, ó café #Alameda Cafeteria Invictus, ó Bar Enredo... Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:48:18
A Galería 140525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🤘10´ #MércoresDeTemazos Hoxe soaron Neil Young, ABBA Mike Oldfield, La Frontera, Raimundo Amador... 🚣♀️16´ Sorteamos un desconto do 50% para unha escursión e baixada do río #Sella en Asturias que organiza a Asculxuv Río Gallo-Cuntis. Participa! 🤼♀️41´ A Estrada Deporte O 24 o Concello A Estrada acollerá a final de deporte base de loitas olímpicas organizado por A Cambadela e na que participarán máis de 400 deportistas. Contóunolo Severino Gomez Neira Este espazo de #deportes está patrocinado por Talleres Elmacar S.L🚶♀️64´ A Asoc. De Veciños O Rueiro organizaou a súa 3ª andaina solidaria, desta volta a favor de Asanog Nenos Oncolóxicos Galicia. Será o sábado 24 e xa podemos inscribirnos. Visitounos Reices que nos contou tódolos detalles. 🤣83´ #Gerundina aclarou por que Raimundo Amador ten unha guitarra e unha canción co nome de #Gerundina. Parece ser que se coñeceron. Foi Rosa de Vedra a que pediu esa canción e claro, comezaron as sospeitas. 👨🏫99´ O concelleiro Oscar Duran díxonos que o Concello A Estrada está traballando nunha campaña de concienciación sobre o contedor marrón que chegará xa dende o vindeiro mes de setembro. 🏖106´ O venres sortearemos outro lote de rifas para o sorteo da viaxe a #PuntaCana que regala a comisión #SanPaio25. Non quedes sin a túa! Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:48:45
A Galería 130525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 🤣29´ #Gerundina está dacordo con Ricardo Terceiro que hai que correxir o erro histórico da rúa #IrmánJoséESeverinoTrigo, (que non eran irmáns, eran pai e fillo), pero, "... e despois como lle chamamos a esa calle. Vaia liada nos metiches!". 📘43´ #ORuralEsquecido Convidamos a Jose Antonio Lopez Blanco, a persoa que máis sabe sobre a historia de #OMintireiroVerdadeiro, o almanaque agrícola que comezou a publicarse en 1963 ideado polo cura de #Filgueira, Concello De Palas De Rei. O noso convidado traballou tamén durante un ano no que chegaron a editar máis de 15.000 copias. Ó mellor aínda tedes un pola casa. O Mintireiro Verdadeiro 🪗70´ O 24 de maio chegará unha nova edición do festival #MangueloFolk a #Orazo, que dará o inicio a festivas, foliadas... na zona. Dende Asociación Socio Cultural Coto Manguelo falamos con Icia Dieguez que nos contou todo o que teñen programado, falounos das camisolas e das bolsas e que tamén, para ese día, xa levaron os ovos a #SantaClara. 🚣♀️88´ Comezamos hoxe un concurso para o sorteo dun desconto do 50% para unha excursión que organiza a Asculxuv Río Gallo-Cuntis: 6, 7 e 8 de xuño, viaxe e descenso do #RíoSella. Participa! 🏖106´ Abrimos nova lista para o sorteo dun lote de rifas da comisión #SanPaio25. Temos en xogo unha viaxe a #PuntaCana 9 días e 7 noites. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:54:39
A Galería 120525
Episodio en A Galería 2.0
#Destacadas: 👨🏫10´ #RelatosUrbanos Ricardo Terceiro leva un tempo insistindo no erro co nome dunha rúa da vila da Estrada Concello A Estrada. Concretamente trátase da rúa "Irmáns José e Severino Trigo, a que entra ó campo da feira dende r/Calvo Sotelo. Contounos que "José e Severino Trigo" non eran #irmáns, senón #pai e #fillo. Hoxe explicóunolo con probas de sobra e fixo un chamamento á veciñanza para correxir este #erro #histórico. 👩🏫69´ #Consumo Falamos das reparacións nunha vivenda de aluguer si corresponden ó arrendatorio ou ó arrendador, das reclamacións en caso de non poder embarcar nun voo e da posibilidade de solicitar as charlas sobre consumo que Ana Maria Cores Meixus Asociación de amas de casa y consumidores O Noso Lar e Kim Llobet Asociación de Consumidores de A Estrada porán en marcha moi pronto. 🏖 Seguimos co sorteo de lotes de #rifas que regala a comsión #SanPaio25 para unha viaxe a punta cana con todo pagado de 9 días e 7 noites. Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
01:45:58
Más de RadioEstrada Ver más
Salta da Cama Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con adicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Actualizado
Ensaiar é de Covardes Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Actualizado
PROGRAMAS ESPECIAIS - RADIO ESTRADA Neste apartado podes atopar os programas especiais que levamos a cabo dende Radio Estrada. Actualizado
Listas del creador Ver más
También te puede gustar Ver más
Salta da Cama Programa matinal, dirixido e presentado por Pablo García, con adicatorias musicais, felicitacións de aniversario, información e entretemento, seccións de humor e entrevistas de actualidade. Actualizado
A Nova Realidade Magazine onde daremos conta da actualidade do tecido asociativo teense (e doutro sitios tamén) e escoitaremos moita música e os básicos de salón e moitas cousas máis. Teremos un colaborador especial chamado Genebrando. Escoitádenos cada 15 días. Actualizado
Carrete Digital, Fotografía y Retoque Digital El primer podcast en España sobre Fotografía y retoque digital. Hablamos sobre todo lo relacionado con el mundo de la fotografía, cámaras, entrevistas, consejos y en nuestra plataforma encontrarás videotutoriales online. La mejor plataforma para aprender Actualizado